RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Restriccións de paso e acceso de espectadores na contorna de Abanca-Riazor o día do Dépor-Granada

O Real Club Deportivo informa a todos os seus socios da situación de circulación de espectadores na contorna de Abanca-Riazor o día do partido Dépor-Granada do luns 24 ás 21:00 h.

As portas 4,5,6,7 e 8 de Marathón permanecerán pechadas, polo que os socios desa localidade con acceso permitido deberán utilizar para acceder as portas 9, 10, 11, 12 e 13. Ademais, o tránsito de espectadores pola rúa entre o Estadio e Casa da Auga, permanecerá totalmente cortado, polo que todos os deportivistas que teñan que entrar en Marathón deberán chegar ás portas desde a Avenida de La Habana.

En Pavillón só haberá unha porta inhabilitada (a 21), e ás demáis se poderá chegar polos accesos peonís por ambos os costados do Palacio dos Deportes de Riazor (desde os despachos de billetes e desde a DéporTienda).

Todos os accesos de Preferencia e Tribuna (excepto a rampla 4 de Tribuna) estarán habilitados con total normalidade. O que si haberá que sortear previamente son os valos que rodean a práctica totalidade do perímetro do Estadio, que terán 4 accesos en Manuel Murguía e outros 4 accesos na Avenida da Habana. 

Todos os detalles destas restricións poden consultarse neste plano: