RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O partido máis destacado en #ANOSACANTEIRA esta fin de semana foi o do Fabril, que superou (1-0) a un Cerceda xa sen obxectivos na táboa. O filial deportivista, segundo agora na táboa con 68 puntos, disputarase o título de liga o domingo ás 18:00 horas na súa visita ao Toledo. A esa mesma hora, o Rayo Majadahonda, líder con 69 puntos, xoga na Malata ante un necesitado Racing de Ferrol.

Se o equipo madrileño perde, ao Fabril bástalle un empate no Salto del Caballo toledano para lograr o campionato. Neste caso ambos igualarían a 69 puntos, pero o golaverage particular favorece aos deportivistas.

Se o Rayo Majadahonda empata, o conxunto de Gustavo Munúa ten que gañar ao Toledo.

Finalmente, se o cadro rayista gana en Ferrol, será campión independentemente do que faga o Fabril.

Tamén xogou en Abegondo onte sábado o Xuvenil B. Venceu (3-0) a un Ural que chegaba ao partido como líder da Liga Nacional.

Competiron neste caso lonxe da Cidade Deportiva o Deportivo ABANCA B (1-4 ante o Milagrosa en Lugo), o Cadete B (1-2 na Coruña ante o Victoria B), o Infantil A (4-0 en Nigrán ante o Val Miñor), e o Alevín A (0-6 en Ponte dos Brozos ante o Atlético Arteixo A).

Precisamente, esta fin de semana finalizou o Infantil A a Liga Galega. Os branquiazuis logran a medalla de prata, só superados polo Celta.

Por outra banda, a participación do Cadete A nun torneo amigable en Nantes (Francia), fixo que o seu partido da División de Honra ante o Ural pase ao xoves 10 ás 19:00 horas.

A xornada pechouse cun novo título para #ANOSACANTEIRA, o logrado polo Alevín B no grupo 1º da Segunda Fase.

Desta forma, a canteira suma no que vai de temporada 7 títulos, tralos cultivados anteriormente polo Infantil A (Liga Galega, grupo norte), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (grupo 1º de Primeira Comarcal A Coruña e grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once), Alevín B (Segunda, grupo 1º) e Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
37ª xornada: FABRIL 1 (Romay) - CERCEDA 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 29ª xornada: SCD MILAGROSA 1 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Michelle Romero -4-)

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 31ª xornada: XUVENIL B 3 (César, Julián e Jorge) - URAL 0

Categoría cadete
División de Honra, 31ª xornada: CADETE A - URAL, o xoves 10 de maio ás 19:00 en Abegondo

Liga Galega, grupo 1º, 31ª xornada: VICTORIA B 1 - CADETE B 2 (Iván e Nils)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 14ª xornada: VAL MIÑOR NIGRÁN 4 - INFANTIL A 0

Categoría alevín
Trofeo Luís Calvo de fútbol once, 12ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO A 0 - ALEVÍN A 6 (Héctor -2-, Jorge, Zoe, Dani Rodríguez e Álvaro)

Segunda Fase, grupo 1º, 13ª xornada: PEÑARREDONDA 0 - ALEVÍN B 7 (Dani -3-, Eli, Xenxo, Marcos e Bruno)

Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 18ª xornada: BENXAMÍN A 5 (Anxo -2-, Rilo, Mosquera e Janusz) - ÓRDENES A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 26ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO C 2 - BENJAMÍN B 16 (Paulo -3-, Trigo -3-, Nico, Caaveiro, Ronquete -4-, Mauro -2- y Gael -2-)