RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Cinco equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron partido hoxe domingo, co balance de 4 triunfos e 1 derrota.

En Segunda División B, o Fabril caeu (2-0) no Prado ante o Talavera, en choque correspondente á 28ª xornada no grupo 1º de Segunda División B. Con este resultado, os fabrilistas quedan con 47 puntos pero seguen no grupo de cabeza.

Tamén competiron pero esta vez gañaron fóra de casa hoxe domingo o Xuvenil A en Vigo (1-3 ante o Areosa); e en Santiago o Deportivo ABANCA B (1-3 ante o Victoria FC B) e o Cadete B (1-4 ante o Santiago de Compostela B).

En Abegondo, o Infantil A superou (3-0) ao Val Miñor Nigrán e mantense á espreita do líder, o Celta, na Fase polo Título da liga Galega.

Onte foi un sábado goleador para os demais equipos da canteira. Os branquiazuis, nos 6 partidos xogados, anotaron a friorenta de 49 goles.

A xornada arrincou o pasado venres, coa visita a Abegondo das Maravillas Á o Infantil B, en partido da 27ª xornada na Primeira Autonómica. O partido tivo cor branquiazul (12-0).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
28ª xornada: CF TALAVERA DE LA REINA 2 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 22ª xornada: VICTORIA FC B 1 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Patri, Michelle e Ari)

Categoría xuvenil
División de Honra, 25ª xornada: AREOSA 1 - XUVENIL A 3 (Porrúa -2- e Sebas)

Liga Nacional, 24ª xornada: XUVENIL B 1 (Litos) - CORUXO 1

Categoría cadete
División de Honra, 24ª xornada: CADETE A 1 (Roque) - CORUXO 1

Liga Galega, grupo 1º, 24ª xornada: SANTIAGO DE COMPOSTELA B 1 - CADETE B 4 (Hugo -3- e Rares)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 7ª xornada: INFANTIL A 3 (Hugo Baldomar -2- e Sergio) - VAL MIÑOR NIGRÁN 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 27ª xornada: INFANTIL B 12 (Zerfu -3-, Miguel, Rubén, Baña, Barral, Dani, Mardones, Xosé, Trigo e Héctor) - MARAVILLAS A 0

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo norte, 4ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 1 - ALEVÍN A 14 (Héctor -5-, Pablo -3-, Óscar -3-, Dani, Álvaro e Lucas)

Segunda Fase, grupo 1º, 6ª xornada: ALEVÍN B 12 (Bruno -3-, Jairo -2-, Dani -2-, Xenxo -2-, Vergara, Álex e Eli) - PEÑARREDONDA 0

Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 9ª xornada: ORDES A 0 - BENXAMÍN A 11 (Diego -4-, Iago, Balbas, Guille, Éder, Xabi, Mosquera e Anxo)

Segunda Comarcal A Coruña, 17ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO B 1 - BENXAMÍN B 10 (Ioan -3-, Paulo -2-, Gael -2-, Caaveiro, Mauro e Yago Trigo)