RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Un só partido disputouse hoxe domingo en #ANOSACANTEIRA.

O Xuvenil A derrotou (3-0) con claridade ao CD Lugo no inicio da segunda volta no subgrupo A da División de Honra. Os branquiazuis suman así 23 puntos e pelexan co RC Celta polo liderado.

Onte sábado, o Fabril dobregou (2-0) en Abegondo con toda xustiza ao UD Somozas, que se está mostrando como un dos equipos máis potentes da categoría.

E iso que Juan Carlos Valerón tivo varias ausencias no seu cadro por xogadores que Fernando Vázquez citou co primeiro equipo para viaxar a Zamora: Manu Mosquera, Adri Castro, Barba, Iván Guerrero e os xuvenís Juan Rodríguez e Guille Bueno.

Fóra de Abegondo, o Xuvenil B gañou en Santiago (1-2) á SD Compostela. Os branquiazuis alcanzan con este resultado os 21 puntos e son líderes en solitario do subgrupo A da Liga Nacional.

Finalmente, o partido correspondente á 9ª xornada de liga no subgrupo A do grupo 1º de Primeira Nacional entre o Victoria CF e o Deportivo ABANCA B, previsto para hoxe domingo 10 de xaneiro ás 17:00 horas no campo coruñés da Grela 1, foi suspendido por un caso positivo de COVID-19 no conxunto deportivista e cinco xogadoras illadas máis ao ser contactos estreitos.

O Xuíz de Competición da RFEF fixará agora unha nova data para a celebración do partido "o máis próxima no tempo posible" e "axiña que como se acrediten todas as circunstancias que permitan a disputa do mesmo".

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
12ª xornada: FABRIL 2 (Javi Sánchez e Boedo) - UD SOMOZAS 0

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 9ª xornada: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, aprazado

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 10ª xornada: XUVENIL A 3 (Yeremay 'Peke', Raúl e Urdiales) - CD LUGO 0

Liga Nacional, subgrupo A, 8ª xornada: SD COMPOSTELA 1 - XUVENIL B 2 (Martín Ochoa e Quique Teijo)