RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #anosacanteira

#ONOSODERBI de hoxe domingo en Abegondo entre o Xuvenil A e o RC Celta, correspondente á 14ª xornada no subgrupo A da División de Honra e aprazado o pasado 7 de febreiro por COVID-19, centrou a atención da fin de semana.

O conxunto deportivista, que non puido contar con Juan Rodríguez, Guille Bueno, Jairo e Yeremay, todos eles citados polo Fabril, impúxose con xustiza (2-0) ao RC Celta grazas a un dobrete de Nájera.

Con este resultado, o Xuvenil A depende de si mesmo para ser campión: segue segundo con 39 puntos, a un punto do líder, o RC Celta, que ten 40; pero aos celestes quédalles un só partido para finalizar esta primeira fase e aos deportivistas dous.

De feito, esta fin de semana teríase que xogar o partido entre o Ural CF e o Xuvenil A correspondente á 18ª xornada (última) no subgrupo A da División de Honra. Pero os responsables federativos queren que antes desa última xornada, que será finalmente con horario unificado o domingo 4 de abril ás 12:00, o equipo de Óscar Gilsanz dispute os seus dous partidos aprazados por COVID-19: ante o RC Celta en Abegondo (xornada 14ª) e en Redondela fronte ao CD Choco (xornada 15ª) do próximo domingo 14 de marzo ás 12.00.

Os outros dous encontros en #ANOSACANTEIRA foron lonxe da Cidade Deportiva, tamén hoxe domingo: o Fabril caeu ante o Polvorín FC (3-1); e o Xuvenil B dobregou ao Atlético Coruña Montañeros CF (0-1).

Ao Deportivo ABANCA B tocoulle descansar esta xornada no subgrupo A de Primeira Nacional.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
Subgrupo A: 19ª xornada: POLVORÍN FC 3 - FABRIL 1 (Jairo)

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 14ª xornada: XUVENIL A 2 (Nájera -2-) - RC CELTA 0

Liga Nacional, subgrupo A, 15ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0 - XUVENIL B 1 (Pablo Trigo)