RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con gran papel deportivista na Oviedo Cup

Esta fin de semana estreáronse con vitoria na Cidade Deportiva nas súas respectivas competicións oficiais o Deportivo ABANCA B (onte sábado 4-0 ante o Sporting de Gijón B) e Xuvenil A (hoxe domingo 2-0 fronte ao CD Bezana). Ambos iniciaron a liga a pasada fin de semana en Sanxenxo e Oviedo con idéntico resultado (2-2) ante Viaxes InterRías FF e Real Oviedo respectivamente.

Pola súa banda, o Fabril arrincou a 3ª RFEF cun empate sen goles (0-0) na visita a Abegondo do Racing Villalbés. Yeremay tivo a ocasión do partido pero o seu disparo acabou no pau.

Pola súa banda, tiveron compromiso amigable o Xuvenil B en Carballo (1-3 ante o Bergantiños A onte sábado); e o Cadete e Infantil na Oviedo Cup, onde alcanzaron unha brillante medalla de prata nun prestixioso torneo que se prolongou durante toda a fin de semana.

Os resultados foron os seguintes:

Terceira RFEF
1ª xornada: FABRIL 0 - RACING VILLALBÉS 0

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 2ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - SPORTING DE GIJÓN B 0

Categoría xuvenil
División de Honra, grupo 1º, 2ª xornada: XUVENIL A 2 (Diego Gómez e Hugo Baldomar) - CD BEZANA 0

Amigable: BERGANTIÑOS CF A 1 - XUVENIL B 3 (Kevin -2- e David)

Categoría cadete
Amigable: CADETE 4 (Juan Barros, Luis Viñas, Jorge García e Lucas Taibo) - BERTAMIRÁNS CF 1

Oviedo Cup

Sábado 11 de setembro
Primeira Fase
DEPORTIVO 12 (Nico Ruiz -2-, Rubén -3-, José Rei -3-, Murilo, Pablo García, André e un futbolista rival en propia meta) - CD GRUJOAN 0
REAL OVIEDO 0 - DEPORTIVO 3 (Nico Ruiz e José Rei -2-)

Domingo 12 de setembro
Fase Ouro

Semifinais
DEPORTIVO 1 (José Rey) - ATLÉTICO DE MADRID 1. A penaltis: 4-1

Final
DEPORTIVO 1 (Marco Rubén) - RC CELTA 2

Categoría infantil

Oviedo Cup

Sábado 11 de setembro
Primeira Fase
DEPORTIVO 11 (Ioan -3-, Janusz -2-, Rubén -2-, Hugo, Lucas e Iker Casuso -2-) - UD LLANERA 0
JUVENTUD ESTADIO 0 - DEPORTIVO 4 (Lucas, Mosquera, Diego e Janusz)

Domingo 12 de setembro
Semifinal
DEPORTIVO 2 (Íker Casuso -2-) - SPORTING DE GIJÓN 0

Final
DEPORTIVO 0 - ATLÉTICO DE MADRID 10