RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

O derbi da División de Honra entre o Celta e o Xuvenil A de hoxe sábado na Madroa (Vigo) foi o partido máis destacado da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

O encontro púidose seguir en directo por televisión a través de Gol. Os deportivistas sufriron unha dolorosa derrota (2-1) que complica o título e que ademais mete ao Celta na loita pola segunda posición.

En Segunda División B, un Fabril reforzado polo xusto triunfo do pasado domingo ante o Navalcarnero visita ao Guijuelo mañá domingo ás 17:00. Os fabrilistas recuperaron a cuarta praza e ademais a distancia entre os de arriba decrece a cada xornada: a só 5 puntos está agora o Rayo Majadahonda, líder do grupo.

Gustavo Munúa leva a estes futbolistas: Francis, Álex Cobo, Blas, Raúl González, Gaizka, Lucas, Diego Caballo, Carlos López, Álvaro Queijeiro, Martín Bengoa, Romay, Borja Galán, Óscar, Jardel, Uxío, Edu Expósito; e os xuvenís Mujaid e Carracedo.

Ademais do Xuvenil A, compiten fóra de casa mañá domingo o Deportivo ABANCA B (na Coruña ante o Victoria CF B); e outros tres equipos hoxe sábado en Vigo: Xuvenil B (1-2 ante o Santa Mariña), Cadete A (1-3 ante o Areosa) e Infantil A (derrota 3-2 ante o Areosa).

Do resto de categorías sobresae o partido entre o Benxamín A, líder da Segunda Fase da Primeira Comarcal, fronte ao Ural A, segundo clasificado. Gañou o Dépor (2-1), que avantaxa desta forma en 8 puntos ao seu inmediato perseguidor: 33 os deportivistas por 25 os uralistas.

A xornada arrancou o pasado xoves en Abegondo coa visita do Obrero ao líder Infantil B, en partido correspondente á 29ª xornada da Primeira Autonómica, grupo 1º. A contundente vitoria foi deportivista (12-0).

Onte venres 16, a quenda foi para o Cadete B, que recibiu ao San Tirso, dominador do grupo 1º da Liga Galega e xusto vencedor en Abegondo (0-5).

Precisamente o San Tirso, que camiña firme cara ao título e ascenso á División de Honra, está formado por futbolistas do Dépor que compiten esta temporada coas súas cores, en virtude dun convenio de colaboración entre os dous clubs.

Esta fin de semana toca descanso para o Benxamín B.

O calendario, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
30ª xornada: GUIJUELO - FABRIL, o domingo 18 de marzo ás 17:00 no Municipal de Guijuelo

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 24ª xornada: VICTORIA CF B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 18 de marzo ás 12:00 na Leyma (A Coruña)

Categoría xuvenil
División de Honra, 27ª xornada: CELTA 2 - XUVENIL A 1 (Pedro)

Liga Nacional, 26ª xornada: UD SANTA MARIÑA 1 - XUVENIL B 2 (Pichu -2-)

Categoría cadete
División de Honra, 26ª xornada: AREOSA 1 - CADETE A 3 (Mario, Fito e Concheiro)

Liga Galega, grupo 1º, 26ª xornada: CADETE B 0 - SAN TIRSO 5

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 9ª xornada: AREOSA 3 - INFANTIL A 2 (Hugo Baldomar e Quique)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 29ª xornada: INFANTIL B 12 (Trigo -4-, Zerfu -3-, Pablo -2-, Dani -2- e Baña) - OBRERO 0

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, 6ª xornada: EF RACING DE FERROL - ALEVÍN A, o domingo 18 de marzo ás 12:00 no campo de Aneiros (Serantes, Ferrol)

Segunda Fase, grupo 1ª, 8ª xornada: XESUITINAS 0 - ALEVÍN B 9 (Xenxo -2-, Marcos -2-, Erick, Dani, Eli, Bruno e Jairo)

Categoría benjamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 11ª xornada: BENXAMÍN A 2 (Pablo e Diego) - URAL A 1