RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

O encontro do Fabril en Abegondo ante o Pontevedra, hoxe sábado 24, é o partido máis destacado en #ANOSACANTEIRA. Os fabrilistas dobregaron aos granates (1-0) e, a expensas do que faga mañá o Rayo Majadahonda ante o Atlético de Madrid B, déitase como novo líder, favorecido tamén pola derrota do Fuenlabrada.

Tamén xogaron e gañaron en Abegondo hoxe sábado ante o Pabellón de Ourense o Xuvenil B (5-0) e Cadete A (4-0); e para mañá domingo queda o Xuvenil A (12:00) fronte ao Atlético Perines. Para este partido, os socios teñen libre acceso. A entrada para o público custa 3 euros.

Lonxe de Abegondo, o Infantil A sumou 3 novos puntos en Oroso nun espectacular encontro (3-5) da Liga Galega, Fase polo Título.

Catro equipos adiantaron o seu partido ligueiro ao fin de semana desde o pasado mércores 21 de marzo: Infantil B, Alevín A, Cadete B e Deportivo ABANCA B.

Onte venres 23 houbo dous partidos: o Deportivo ABANCA B disputou o seu partido da Primeira Autonómica Feminina ante a SD O Val (13-0). Ademais, cambiou de terreo de xogo nesta ocasión, e de Ponte dos Brozos (Arteixo) pasou a Abegondo, nun choque con pouca historia dada a superioridade branquiazul.

E en Viveiro, o Cadete B superou (0-3) ao equipo local, en encontro do grupo 1º da Liga Galega que se xogou no Municipal viveirense.

O pasado xoves 22, a quenda foi para o Alevín A, que no Trofeo Luis Calvo de fútbol once derrotou con claridade (10-0) na Cidade Deportiva ao Residencia A.

Finalmente o mércores 21, o Infantil B goleou ao Compañía de María (8-1) en Abegondo, en partido do grupo 1º da Primeira Autonómica.

Esta semana toca descanso para o Alevín B e para o Benxamín A, cuxo partido da Segunda Fase da Primeira Comarcal ante o Luis Calvo A pasa a xogarse o xoves 5 de abril.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
31ª xornada: FABRIL 1 (Romay) - PONTEVEDRA 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 25ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 13 (Carlota -2-, Antía -2-, Vero -2-, Alba Martínez -2-, Alba Suárez -2-, Lidia, Lara e Patri) - SD O VAL 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 28ª xornada: XUVENIL A - ATLÉTICO PERINES, o domingo 25 de marzo ás 12:00 en Abegondo

Liga Nacional, 27ª xornada: XUVENIL B 5 (Bruno, Litos, Jorge, Barbeito e Ernesto) - PABELLÓN DE OURENSE 0

Categoría cadete
División de Honra, 27ª xornada: CADETE A 4 (Juanma -2-, Aye e Pol) - PABELLÓN DE OURENSE 0

Liga Galega, grupo 1º, 27ª xornada: VIVEIRO A 0 - CADETE B 3 (Xavi e Hugo -2-)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 10ª xornada: XUVENTUDE DE OROSO 3 - INFANTIL A 5 (Hugo Baldomar, Rubén, Adrián Lombao, Roque e Trigo)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 30ª xornada: INFANTIL B 8 (Trigo -4-, Pablo Seco, Zerfu, Baña e Dani) - COMPAÑÍA DE MARÍA 1

Categoría alevín
Trofeo Luis Calvo de fútbol once, 7ª xornada: ALEVÍN A 10 (Pablo -4-, Álvaro, Adrián, Hugo, David, Héctor e Lucas) - RESIDENCIA A 0

Categoría benjamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 12ª xornada: LUIS CALVO A - BENXAMÍN A, o xoves 5 de abril ás 18:15 nas Eiroas

Segunda Comarcal A Coruña, 20ª xornada: CALASANZ C 0 - BENXAMÍN B 3 (Uxío, Gael e Trigo)