RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados de hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo

Esta fin de semana arrincou a liga Nacional o Xuvenil B que dirixen Alejandro Antón e Aldo Duscher. Debutou con bo pé (0-4) en Vilalba ante o Racing Vilalbés. Tamén regresou á competición o Deportivo ABANCA B após a súa xornada de descanso da pasada fin de semana. As pupilas de Kevin Cabado impuxéronse (3-1) na Cidade Deportiva ao Victoria FC.

Para mañá domingo quedan os encontros na Cidade Deportiva do Fabril ante o CSD Arzúa (16:30) e do Xuvenil A ante o CD Calasanz (19:00). Ambos serán a porta pechada debido á pandemia de COVID-19.

No filial, Juan Carlos Valerón citou a todos os seus xogadores. É baixa segura Pescador, lesionado. A maiores, Adri Castro e Juan Rodríguez, poderán xogar se non saltan ao céspede pola mañá no partido do Deportivo ante o Coruxo FC.

O calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
Subgrupo A, 4ª xornada: FABRIL - CSD ARZÚA, o domingo 8 de novembro ás 16:30 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 3 (María Calvo, Carlota e unha futbolista rival en propia meta) - VICTORIA FC 1

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 2ª xornada: XUVENIL A - CD CALASANZ, o domingo 8 de novembro ás 19:00 en Abegondo

Liga Nacional, subgrupo A, 1ª xornada: RACING VILLALBÉS 0 - XUVENIL B 4 (Diego Gómez, Hugo Baldomar, Embid e Martín Ochoa)