RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Varios equipos de #ANOSACANTEIRA defenden esta fin de semana o liderado dos seus respectivos subgrupos. Tres deles fóra de Abegondo: Xuvenil A mañá domingo ás 12:00 en Santander ante o Atlético Perines; Xuvenil B hoxe sábado no Morrazo ante o Alondras CF (2-0); e Cadete B mañá domingo ás 12:15 en Lugo ante o CD Lugo B. E os outros tres na Cidade Deportiva: Cadete A e Infantil A con triunfos onte venres ante o Atlético Coruña Montañeros CF (2-0 e 5-0 respectivamente); e o Infantil B, este con só tres partidos disputados, hoxe sábado ante o Ural Español CF B (4-1).

En Terceira División, o Fabril visita mañá domingo ás 17:00 ao CD Choco en busca da primeira vitoria nesta segunda fase da competición.

Juan Carlos Valerón 'perde' a unha das súas referencias ofensivas, Adri Castro, citado por Rubén de la Barrera para viaxar co primeiro equipo a Luanco. Tamén son baixa os lesionados Pablo Brea e Yuste.

Así pois, os convocados son: Alberto, Isra, Iván Guerrero, Reinoso, David Suárez, Prendes, Kanouté, Barba, Sarmiento, Guedes, Pescador, Álex, Javi Sánchez, Boedo, Juan Cambón; e os xuvenís Juan Rodríguez, Guille Bueno e Yeremay; ademais do meta do Cadete A Nuno, que con quince anos entra nunha citación do filial deportivista.

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B recibe mañá domingo (16:45) en Abegondo ao Gijón FF. Kevin Cabado estará pendente dalgunhas das súas futbolistas citadas co primeiro equipo para recibir ao Valencia CF Femenino en Abegondo ás 12:00: Jessica, Carlota, Patri López, Eva Dios, Tati e María Figueroa. Poderá contar coas que non xoguen ante as levantinas. Marta Rico e Laura Rivas son baixa tamén por lesión.

Esta fin de semana toca descanso para o Alevín de fútbol once no grupo A da Primeira Autonómica A Coruña. Ademais, o choque do Fabril FC Alevín ante o Imperátor OAR A, previsto para hoxe sábado ás 16:00 na Torre foi suspendido pola tormenta que neses momentos descargaba sobre A Coruña e a súa comarca.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
Grupo play off de ascenso, 5ª xornada: CD CHOCO - FABRIL, o domingo 25 de abril ás 17:00 no campo de Santa Mariña (Redondela)

Categoría feminina
Primeira Nacional, segunda fase, grupo 1C, 3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - GIJÓN FF, o domingo 25 de abril ás 16:45 en Abegondo (campo 5)

Categoría xuvenil
División de Honra, segunda fase, grupo 1C, 3ª xornada: ATLÉTICO PERINES - XUVENIL A, o domingo 25 de abril ás 12:00 no campo Vicente Miera (Santander)

Liga Nacional, segunda fase, grupo C de ascenso, 2ª xornada: ALONDRAS CF 2 - XUVENIL B 0

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo D, 6ª xornada: CADETE A 2 (Álex Delgado e Kevin) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 0

Liga Galega, subgrupo A norte, 6ª xornada: CD LUGO B - CADETE B, o domingo 25 de abril ás 12:15 no campo Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 6ª xornada: INFANTIL A 5 (Daniel, Rubén, André, Iván Barreiro e David) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 0

Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, 3ª xornada: INFANTIL B 4 (Rodrigo, Murilo e Íker Gil -2-) - URAL ESPAÑOL CF B 1

Categoría alevín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A, 2ª xornada: ALEVÍN A 12 (Mauro, Íker -8-, Joaquín -2- e Alberto) - IMPERÁTOR OAR B 1

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo B, 2ª xornada: IMPERÁTOR OAR A - FABRIL FC ALEVÍN, suspendido

Categoría benxamín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A, 3ª xornada: VICTORIA CF C 1 - BENXAMÍN A 13 (Hugo -3-, Yael -3-, Íker -2-, Leo -2-, Mario, Mateo e Antón)

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo C, 3ª xornada: ORILLAMAR SD A 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Javi Barral, David Ramos -2-, Martín -2- e Dani)