RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Esta fin de semana estréanse na Cidade Deportiva nas súas respectivas competicións oficiais o Deportivo ABANCA B (hoxe sábado 4-0 ante o Sporting de Gijón B) e Xuvenil A (mañá domingo ás 12:00 fronte ao CD Bezana). Ambos iniciaron a liga a pasada fin de semana en Sanxenxo e Oviedo con idéntico resultado (2-2) ante Viaxes InterRías FF e Real Oviedo respectivamente.

Pola súa banda, o Fabril arrinca mañá domingo 12 de setembro ás 17:30 a 3ª RFEF coa visita a Abegondo do Racing Villalbés.

Óscar Gilsanz terá neste partido as baixas seguras de futbolistas que están en dinámica do primeiro equipo, como Yeremay; Noel, goleador en Calahorra co Dépor; ou Trilli, este último en proceso de recuperación dunha lesión muscular.

A lista de convocados é a seguinte: Alberto, Brais, Iván Guerreiro, Quique Teijo, Juan Rodríguez, Dani Barcia, David Suárez, Mario, Brais Val, Barba, Fabio, Javi Sanmartín, Raúl, Nájera, Juan Cambón, Davo, Víctor, Rune e Mella.

Pola súa banda, teñen compromiso amigable o Xuvenil B en Carballo (1-3 ante o Bergantiños A hoxe sábado); e o Cadete e Infantil na Oviedo Cup durante toda a fin de semana.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
1ª xornada: FABRIL - RACING VILLALBÉS, o domingo 12 de setembro ás 17:30 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 2ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - SPORTING DE GIJÓN B 0

Categoría xuvenil
División de Honra, grupo 1º, 2ª xornada: XUVENIL A - CD BEZANA, o domingo 12 de setembro ás 12:00 en Abegondo

Amigable: BERGANTIÑOS CF A 1 - XUVENIL B 3 (Kevin -2- e David)

Categoría cadete
Amigable: CADETE 4 (Juan Barros, Luis Viñas, Jorge García e Lucas Taibo) - BERTAMIRÁNS CF 1

Oviedo Cup
Sábado 11 de setembro
Primeira Fase
DEPORTIVO 12 (Nico Ruiz -2-, Rubén -3-, José Rei -3-, Murilo, Pablo García, André e un futbolista rival en propia meta) - CD GRUJOAN 0
REAL OVIEDO 0 - DEPORTIVO 3 (Nico Ruiz e José Rei -2-)

Domingo 12 de setembro

Fase Ouro

Semifinais

12:30: DEPORTIVO - ATLÉTICO DE MADRID, no Estadio Luis Oliver (Oviedo)

Categoría infantil

Oviedo Cup
Sábado 11 de setembro
Primeira Fase
DEPORTIVO 11 (Ioan -3-, Janusz -2-, Rubén -2-, Hugo, Lucas e Iker Casuso -2-) - UD LLANERA 0
JUVENTUD ESTADIO 0 - DEPORTIVO 4 (Lucas, Mosquera, Diego e Janusz)

Domingo 12 de setembro

Semifinal

12:30: DEPORTIVO - SPORTING DE GIJÓN, no Estadio Juan Antonio Álvarez Rabanal (Oviedo)