RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

O partido do Fabril no campo principal de Abegondo ante o Atlético Arnoia, previsto para hoxe sábado, foi suspendido por un caso positivo de COVID no equipo ourensán. Agora será o Comité de Competición da Federación Galega o que fixe unha nova data unha vez que o permita a situación sanitaria do Atlético Arnoia.

Así pois, tan só tres equipos de #ANOSACANTEIRA xogan esta fin de semana en casa: Orzán SD Xuvenil Feminino, Xuvenil B e Fabril FC Benxamín.

Hoxe, o Xuvenil B de Liga Nacional impúxose (3-1) ao CD Areosa e mantense no grupo de cabeza. Para mañá domingo queda o partido na Torre (16:00 horas) entre o Orzán SD Xuvenil Feminino e o Victoria CF, da Primeira División Galega. As orzanistas, con 11 puntos, teñen a tiro o liderado do subgrupo A, en poder do CD Lugo con 13 puntos e un partido máis.

Lonxe de Abegondo compiten o Deportivo ABANCA B (domingo ás 16:00 na Grela 1 ante o Victoria CF), Xuvenil A (0-1 na Grela 1 ante o Ural Español CF), Cadete (1-6 no Municipal Rodríguez Lago 1 ante o CD Lugo) e Infantil (0-7 no campo Río Seco ante o SDCyR Narón O Freixo).

O choque do Xuvenil A foi o último de liga antes de render visita ao Maccabi Haifa no partido de volta da segunda eliminatoria da UEFA Youth League previsto para o mércores 8 de decembro ás 16:00 no Sammy Ofer Stadium de Haifa. Na ida disputada en ABANCA-RIAZOR ante máis de 12.000 persoas, o triunfo foi deportivista: 5-1.

En canto ao Dépor ABANCA B, Kevin Cabado convocou ás seguintes xogadoras para o derbi coruñés de mañá en Primeira Nacional: Nuria, Reigosa (xuvenil do Orzán SD), Paula Novo, María Calvo, Ansede, Uxía, Aroa González, Laura Testa, Marta Rico, Paula Monteagudo, Carmen Carballada, Elena López 'Cusi', Trillo, Marta Méndez, Noela e Laura Otero (cadete do Orzán SD).

Son baixa forzosa Aroa Guerra e Tati, citadas polo primeiro equipo para o seu partido de mañá en Torrelavega ante o CDE Racing Féminas de Reto iberdrola.

Ademais de hoxe, os alevíns do Deportivo tiveron o pasado martes 30 de novembro un compromiso amigable en Abegondo, co obxecto de preparar a súa participación no Torneo Gol Media Cup en Cornellá (Barcelona).

Hoxe sábado, a quenda foi tamén para os benxamíns: o A en Arteixo (0-9) e o Fabril FC Benxamín en Abegondo (3-4) ante o Orillamar SD.

Os alevíns e benxamíns teñen previsto arrincar as súas competicións ligueiras a mediados do mes de decembro.

Finalmente, teñen parón ligueiro esta semana o Orzán SD Cadete Feminino e o Orzán SD Infantil Feminino na súa respectiva Liga Galega.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
14ª xornada: FABRIL - ATLÉTICO ARNOIA, aprazado

Categoría feminina
Primeira Nacional, 12ª xornada: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 5 de decembro ás 16:00 na Grela 1 (A Coruña)

Primeira División Galega, subgrupo A, 9ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - VICTORIA CF B, o domingo 5 de decembro ás 16:00 na Torre (campo 1)

Categoría xuvenil
División de Honra, 14ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - XUVENIL A 1 (Martín Ochoa)

Liga Nacional, 12ª xornada: XUVENIL B 3 (Kevin -2- e Montero) - CD AREOSA 1

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo A, 10ª xornada: CD LUGO 1 - CADETE 6 (Noe -3-, Oreiro, Jorge García e un futbolista rival en propia meta)

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B, 9ª xornada: SDCyR NARÓN O FREIXO 0 - INFANTIL 7 (Abel, Marcos -2-, Balbas, Hugo e Diego -2-).

Categoría alevín
Amigable de fútbol 7 (xogado o pasado martes): ALEVÍN A 14 (Martín Forján -3-, Raúl -2-, Hugo González, Antón, Gabriel -2-, Pablo Vara, Pablo Somoza, Iago Lameiro -2- e Javier Seoane) - SD ORILLAMAR (infantil) 0

Amigable: SAN TIRSO SD (infantil) 2 - ALEVÍN A 3 (Raúl -2- e Gabriel)

Amigable (xogado o pasado martes): FABRIL FC ALEVÍN 9 (Mario -2-, Thiago Montes -2-, Iker Obeso, Javi Barral, Leo e Hugo Caridade -2-) - CD ESCRAVAS 2

Amigable: BERTAMIRÁNS FC 3 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Hugo Caridade -2-, Mario e Thiago Montes)

Categoría benxamín
Amigable: ATLÉTICO ARTEIXO 0 - BENXAMÍN A 9 (Nacho -2-, Martín López -2-, Jorge Fernández, Álvaro Gómez, Iván Gil, Hugo Luaces e Hugo Pousa)

Amigable: FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Álvaro Rodríguez -2- e Hugo Bujía) - ORILLAMAR SD 4