RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA estivo marcada por 4 derbis co Celta hoxe sábado, 2 en Vigo: Liga Nacional xuvenil (0-2) e División de Honra cadete (3-0); e outros 2 en Abegondo: Liga Galega infantil na súa Fase polo Título (0-1), e un amigable na División de Honra (4-1).

Este último  serve ao Xuvenil A como preparación para a Copa do Rei, cuxo rival é o Athletic Club. Tanto este como o do Infantil A foron en Abegondo.

En Segunda División B, a Fabril visita ao Rápido de Bouzas nun duelo ante outro rival directo polos postos de Playoff de Ascenso. Gustavo Munúa conta coas baixas seguras de Blas e Quique Fornos, sancionados pola súa expulsión do pasado sábado ante o Celta.

A lista de convocados é a seguinte: Francis, Ricardo, Raúl González, One, Mujaid, Diego Caballo, Gaizka, Borja Galán, Romay, Edu Expósito, Martín Bengoa, Bicho, Luismi, Uxío, Jardel e Luis Fernández; ademais dos xuvenís Gandoy e Valín.

Mañá domingo tamén xogan en casa o Deportivo ABANCA B (16:00 en Ponte dos Brozos, Arteixo) e Cadete B (11:30 en Abegondo).

Para este último partido, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

En categoría benxamín, o Deportivo proclamouse campión da Segunda Fase da Primeira Comarcal A Coruña, a falta de 2 xornadas para o final.

Desta forma, #ANOSACANTEIRA suma no que vai de temporada 6 títulos, após os cultivados anteriormente polo Infantil A (Liga Galega, grupo norte), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º),  Alevín A (grupo 1º de Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (Segunda, grupo 1º) e Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º). 

Esta fin de semana toca descanso para o Infantil B, posto que o seu rival no grupo 1º da Primeira Autonómica retirouse da competición. É a última xornada de liga, por conseguinte, o conxunto deportivista, xa campión desde fai varias xornadas, puxo xa o punto e final a esta competición.

Tampouco ten competición ligueira o Alevín B no grupo 1º da Segunda Fase; e o Alevín A, que o martes 1 de maio participará na AFE Mijas Cup 2018 de fútbol 7. Por este motivo, o seu partido desta fin de semana do Trofeo Luís Calvo de fútbol once xogarase o xoves 3 de maio ás 19:00 en Abegondo.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
36ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - FABRIL, o domingo 29 de abril ás 18:30 no campo Baltasar Pujales (Vigo)

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminino, 28ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - TORDOIA, o domingo 29 de abril ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
Amigable, disputado o pasado mércores: XUVENIL A 3 (Eyanga, Porrúa e Antón) - LARACHA (Terceira División) 1
Amigable: XUVENIL A 4 (Boedo, Sandá, Pedro e un futbolista en propia meta) - CELTA A 1

Liga Nacional, 30ª xornada: CELTA B 0 - XUVENIL B 2 (Ernesto e Litos)

Categoría cadete
División de Honra, 30ª xornada: CELTA 3 - CADETE A 0

Liga Galega, grupo 1º, 30ª xornada: CADETE B - ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE, o domingo 29 de abril ás 11:30 en Abegondo (campo 6)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 13ª xornada: INFANTIL A 0 - CELTA A 1

Categoría alevín
Trofeo Luís Calvo de fútbol once, 11ª xornada: ALEVÍN A - LUÍS CALVO A, o xoves 3 de maio ás 19:00 en Abegondo

Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 16ª xornada: ORILLAMAR A 0 - BENXAMÍN A 6 (Anxo -3-, Xabi, Eder e Diego)

Segunda Comarcal A Coruña, 24ª xornada: SPORTING BURGO B 0 - BENXAMÍN B 8 (Gael -2-, Trigo -3-, Paulo, Ioan e Nico)