RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén de la Barrera deseña en ABANCA-RIAZOR a ofensiva branquiazul para Langreo

Rubén de la Barrera ensaiou esta mañá en ABANCA-RIAZOR co seu cadro, ademais do dianteiro fabrilista Adri Castro, a ofensiva branquiazul para tentar sumar no campo Novo Ganzábal o domingo 11 de abril ás 17:00 a quinta vitoria consecutiva en competición oficial, con motivo da visita ao UP Langreo correspondente á segunda xornada no grupo 1D de Segunda División B.

Para iso, o técnico deportivista dispuxo, após un quecemento con rondos e finalizacións, un exercicio de movementos ofensivos con remates a portería. Un partido a metade de campo, no que repartiu constantes instrucións aos dous equipos, puxo o punto final ao traballo sobre o verde.

Antes de saltar ao céspede de ABANCA-RIAZOR, Diego Villares en rolda de prensa confesou que o UP Langreo "é un rival ao que coñecemos menos que a outros que compartiron a fase anterior connosco. Do partido que xogaron o outro día contra o Racing de Ferrol temos algúns aspectos que temos que traballar no día de hoxe".

Borja Galán, con molestias nos isquiotibiais da súa perna dereita, retirouse antes aos vestiarios. Os Servizos Médicos branquiazuis realizarán mañá venres probas médicas complementarias para saber o alcance exacto das devanditas molestias.

Mañá venres, o Deportivo adestrarase en Abegondo a partir das 10:30 horas, aínda que antes, ás 09:45, os futbolistas realizarán un circuíto físico preventivo supervisado polo readaptador Fran Molano.