RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén de la Barrera deseñou o plan de partido en ABANCA-RIAZOR

Rubén de la Barrera deseñou esta mañá co cadro branquiazul ao completo, ademais dos fabrilistas Adri Castro e Pablo Brea, o plan de partido para recibir ao Pontevedra CF este domingo 7 de marzo en ABANCA-RIAZOR (19:00 horas, TVG).

Para iso, o técnico deportivista dispuxo unha sesión a porta pechada no estadio cunha batería de traballos tácticos, como presión, saída de balón...

Como é habitual, o adestrador branquiazul estivo moi activo e non cesou de impartir instrucións aos seus futbolistas, intercambiando impresións con eles en moitos momentos.

A xornada concluíu sobre o céspede cun ensaio de accións a balón parado.

Mañá venres, o Dépor regresa a Abegondo para un adestramento que arrancará no campo ás 11:00. Antes haberá un circuíto físico preventivo na bancada da instalación supervisado polo readaptador, Fran Molano.