RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rumbo aos 23.000 socios; mañá, último día para cambiar de localidade

O RC Deportivo alcanzou os 22.630 socios tras a última xornada das tres previstas para realizar cambios de localidade con cita previa. Mañá xoves será o último día para realizar esta operación, xa sen ser necesario pedir hora.

A Oficina de Atención ao Deportivista tramitou este mércores un total de 381 carnés. Deles, 17 corresponderon a renovacións a través de internet, para alcanzar o total de 22.630 abonados mencionados con anterioridade.

Reserva a túa cita se queres facerte novo socio do RC Deportivo.

-Socios: cambio de localidade sen cita previa, xoves 10 de agosto (horario continuo de 10:00 a 20:00 horas)
-Novas altas: desde o venres 11 de agosto (horario continuo de 10:00 a 20:00 horas)

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es/gl ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

As entradas para o partido da 1ª xornada de LaLiga Santander fronte ao Real Madrid unicamente venderanse nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. Tamén se poden mercar a través de internet na páxina entradas.abanca.com.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden poñerse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.