RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sabin Merino incorpórase esta mañá ao adestramento co grupo

Fernando Vázquez dividiu esta mañá ao seu cadro en 2 grupos. Os titulares onte en Alcorcón tiveron tarefas de recuperación entre o ximnasio, a padiola dos fisioterapeutas e o céspede, con carreira continua.

Para os demais, incluídos os metas canteiráns Alberto e Boian, houbo rondos, posesión, un circuíto físico con finalizacións e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

A novidade foi a presenza de Sabin Merino, que completou con normalidade as tarefas asignadas polos adestradores, de acordo sempre cos Servizos Médicos.

Tamén se adestran con normalidade Christian Santos e Salva Ruiz, co que só Claudio Beauvue está con traballo específico fóra do grupo.

Mañá martes, a partir das 10:30 horas en Abegondo, o equipo continuará a preparación do choque ligueiro ante o Girona FC en ABANCA-RIAZOR, previsto para este venres 14 de febreiro (21:00 horas, Gol).