Segundo amigable para o Fabril, o mércores 4 de agosto en Abegondo ante o Silva SD
O segundo test de pretemporada para o Fabril terá lugar o vindeiro mércores 4 de agosto ás 19:00 h. en Abegondo ante o Silva SD, equipo da mesma categoría que o filial Deportivista.
A SD Sofán, recentemente ascendido a Terceira RFEF, será o primeiro rival do Fabril nesta pretemporada. O encontro xogarase no campo 3 de Abegondo este sábado 31 de xullo ás 11:30 horas.
A Federación Galega fixou para o 12 de setembro a data de inicio da liga. O ente federativo advirte que esta previsión se pode ver afectada pola situación sanitaria derivada da pandemia de COVID-19.
Desexa a Federación Galega que cando arrinque a competición estea xa avanzada a vacinación da poboación, co que poidan estar inmunizados o máximo número de deportistas posibles.
Os 16 rivais do equipo fabrilista en liga son os seguintes: