RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Segundo triunfo do Fabril

O Fabril emula a traxectoria do equipo profesional. O cadro de Perico Ramallo impúxose onte na Lomba ao Arousa por dous tantos a cero, goles conseguidos por Pepe e Pablo Martínez, e empolícase xa aos postos altos da clasificación da categoría.

En categoría xuvenil, o Deportivo empatou a ceros na Albericia ante o Racing de Santander, en partido correspondente á primeira xornada da División de Honra. Na liga Nacional, o Deportivo B impúxose en Abegondo por catro tantos a dous ao cadro do Arousa, tamén na primeira xornada da liga Nacional.