RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seis canteiráns adestráronse esta mañá co primeiro equipo

Un total de seis futbolistas de #ANOSACANTEIRA estiveron esta mañá ás ordes de Pepe Mel co primeiro equipo nun adestramento de algo máis de dúas horas de duración.

Ademais dos porteiros Francis e Álex Cobo, e o centrocampista Edu Expósito, habituais durante a pretemporada, hoxe traballaron cos profesionais o fabrilista Luismi; e Iago Novo e Adrián Castro, ambos os xogadores do Club pero que esta temporada defenden as cores do Laracha CF de Terceira División, Club co que o Dépor ten asinado un convenio de colaboración.

A chuviosa mañá na Cidade Deportiva arrancou nun dos ximnasios, con exercicios preventivos. A continuación, xa sobre o céspede, o equipo realizou un traballo defensivo, unha tarefa de presión e un torneo en espazo reducido, co cadro dividido en tres equipos.

Faltaron os internacionais (Borges, Andone, Tytoń, Schär e Fede Valverde); Carles Gil quedou no vestiario, con tratamento médico e de fisioterapia; e Bicho, con molestias nun nocello, exercitouse no ximnasio.

Mañá mércores, os futbolistas volverán aos adestramentos ás 10:30 horas en Abegondo.