Semana completa para a preparación do Dépor-Pontevedra
Rubén de la Barrera disporá dunha semana longa de traballo no Deportivo previa á visita do Pontevedra CF a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 7 de marzo ás 19:00 horas (TVG).
Desde mañá luns pola tarde, o Deportivo realizará un total de seis sesións de adestramento, todas matinais. Unha delas, a do xoves 4 de marzo, terá lugar a porta pechada en ABANCA-RIAZOR.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 1 de marzo 18:30 en Abegondo
Martes 2 de marzo 11:00 en Abegondo
Mércores 3 de marzo 11:00 en Abegondo
Xoves 4 de marzo 11:00 en ABANCA-RIAZOR
Venres 5 de marzo 11:00 en Abegondo
Sábado 6 de marzo 11:00 en Abegondo
Domingo 7 de marzo 19:00: Deportivo - Pontevedra CF, en ABANCA-RIAZOR