RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana curta de preparación para a visita da UD Las Palmas a ABANCA-RIAZOR

O Deportivo terá desde mañá mércores 29 de xaneiro unha semana curta para preparar a seguinte cita ligueira, a visita da UD Las Palmas a ABANCA-RIAZOR prevista para este sábado 1 de febreiro (18:15 horas, #Vamos).

Fernando Vázquez disporá de 3 sesións de traballo, nun principio todas matinais na Cidade Deportiva.

Como sempre que hai actividade, o primeiro cadro reúnese para almorzar e comer nas instalacións habilitadas para tal fin.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 29 de xaneiro

10:30: Adestramento en Abegondo

Xoves 30 de xaneiro

10:30: Adestramento en Abegondo

Venres 31 de xaneiro

10:30: Adestramento en Abegondo

Sábado 1 de febreiro

18:15: Deportivo - UD Las Palmas, en ABANCA-RIAZOR