RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana curta e sen fútbol para o Dépor ABANCA, que se adestrará até o xoves

O Deportivo ABANCA arranca hoxe unha semana sen fútbol de competición oficial debido aos compromisos das seleccións nacionais.

No entanto, Manu Sánchez dispuxo catro sesións de adestramento vespertinas en Abegondo até o xoves 8 de abril. A partir de aí o técnico deportivista dará descanso ás súas futbolistas nunha longa fin de semana para recargar baterías.

A próxima cita ligueira para o Deportivo ABANCA será a fin de semana do 17 ou 18 de abril coa visita ao FC Barcelona.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 5 de abril
16:30 h

Martes 6 de abril
16:30 h

Mércores 7 de abril
17:30 h

Xoves 8 de abril
17:30 h

Venres 9 de abril
Descanso

Sábado 10 de abril
Descanso

Domingo 11 de abril
Descanso