Semana intensa para o Dépor, con 2 partidos ligueiros en 4 días sen apenas tempo de recuperación
O Deportivo encara unha semana intensa, a primeira do presente curso ligueiro, con 2 partidos, mércores en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Movistar LaLiga) e sábado en Cádiz (16:00 horas, #Vamos), sen apenas tempo de recuperación.
Haberá ademais 4 sesións de adestramento nun principio en Abegondo, a primeira esta mesma tarde a partir das 18:00 horas.
Como é habitual, cada vez que haxa actividade a partir de mañá martes, o cadro reúnese para almorzar e comer nas instalacións habilitadas para tal fin.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 16 de setembro 18:00: Adestramento en Abegondo
Martes 17 de setembro 10:30: Adestramento en Abegondo
Mércores 18 de setembro 21:00: Deportivo - CD Numancia, en ABANCA-RIAZOR
Xoves 19 de setembro 10:30: Adestramento en Abegondo
Venres 20 de setembro 10:00: Adestramento en Abegondo
Sábado 21 de setembro 16:00: Cádiz CF - Deportivo, no Estadio Ramón de Carranza