RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana ligueira para o Deportivo despois dunha pretemporada de case dous meses

Semana ligueira para o Deportivo despois de case dous meses de pretemporada. Os pupilos de Fernando Vázquez comezaron os adestramentos o pasado 24 de agosto.

Así pois, após seis semanas de traballo, cinco amigables e unha ducia de caras novas entre repescados de cesións e fichaxes, chega a hora da verdade para os branquiazuis o vindeiro domingo 18 de outubro en ABANCA-RIAZOR (19:00 horas) fronte ao Salamanca CF UDS, na 1ª xornada no subgrupo A, grupo 1º, de Segunda División B.

Fernando Vázquez disporá de cinco sesións matinais, nun principio todas na Cidade Deportiva.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 13 de outubro
10:30 h.

Mércores 14 de outubro
10:30 h.

Xoves 15 de outubro
10:30 h.

Venres 16 de outubro
10:30 h.

Sábado 17 de outubro
10:30 h.

Domingo 18 de outubro
19:00: Deportivo - Salamanca CF UDS, en ABANCA-RIAZOR