Semana longa de traballo no primeiro equipo para preparar a visita ao Málaga
O Deportivo afronta desde mañá luns unha semana longa de traballo para preparar a visita ao Málaga, en partido da 12ª xornada de LaLiga Santander, previsto para o domingo 19 de novembro na Rosaleda (12:00 horas, Bein LaLiga).
Haberá seis adestramentos, cinco deles en Abegondo e un no Estadio ABANCA-RIAZOR, este o día antes do encontro.
Ademais, todos eles serán pola mañá a excepción do de mañá luns, que arrancará ás 17:00 horas.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 13 de novembro 17:00: Adestramento en Abegondo
Martes 14 de novembro 10:30: Adestramento en Abegondo
Mércores 15 de novembro 10:30: Adestramento en Abegondo
Xoves 16 de novembro 10:30: Adestramento en Abegondo
Venres 17 de novembro 10:30: Adestramento en Abegondo
Sábado 18 de novembro 10:30: Adestramento no Estadio ABANCA-RIAZOR
Domingo 19 de novembro 12:00: Málaga - Deportivo, na Rosaleda