RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana longa de traballo previa á visita do CD Numancia a ABANCA-RIAZOR

O Deportivo encara desde mañá mércores 14 de abril unha semana longa de preparación para a visita do CD Numancia a ABANCA-RIAZOR, prevista para este domingo 18 de abril (19:00 horas, TVG). O encontro pertence á terceira xornada no grupo 1D de Segunda División B.

Rubén de la Barrera dispuxo catro sesións matinais, tres delas en Abegondo e unha, a porta pechada, en ABANCA-RIAZOR.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 14 de abril
10:30 en Abegondo

Xoves 15 de abril
10:30 en ABANCA-RIAZOR

Venres 16 de abril
10:30 en Abegondo

Sábado 17 de abril
10:30 en Abegondo

Domingo 18 de abril
19:00: Deportivo - CD Numancia, en ABANCA-RIAZOR