RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana longa para o Dépor ABANCA, con seis sesións previas á visita ao Valencia CF Femenino

O Deportivo ABANCA encara desde hoxe luns 18 de xaneiro unha semana longa de preparación para a seguinte cita ligueira, a visita ao Valencia CF Femenino, prevista para o domingo 24 de xaneiro ás 10:15 na Ciudad Deportiva de Paterna. O choque corresponde á 16ª xornada na Primera Iberdrola.

Manu Sánchez, técnico deportivista, dispuxo seis sesións de adestramento, inicialmente todas na Cidade Deportiva de Abegondo.

O técnico branquiazul conta con todo o cadro salvo unha futbolista, que está illada, tal e como establecen as autoridades sanitarias, por ser contacto estreito cunha persoa que deu positivo en COVID-19.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 18 de xaneiro
17:30 h

Martes 19 de xaneiro
17:30 h

Mércores 20 de xaneiro
17:30 h

Xoves 21 de xaneiro
17:30 h

Venres 22 de xaneiro
17:30 h

Sábado 23 de xaneiro
9:00 h

Domingo 24 de xaneiro
Valencia CF Femenino - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva de Paterna