RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana sen competición pero con traballo desde hoxe mércores en Abegondo para o Dépor ABANCA

A pesar de non haber competición ligueira esta fin de semana en Reto Iberdrola, o Deportivo ABANCA ten traballo en Abegondo.

Miguel Llorente dispuxo tres sesións de adestramento matinais na Cidade Deportiva antes do descanso da fin de semana.

Alejandra Serrano 'Ale' manifestou en rolda de prensa o pasado domingo, após derrotar ao SE AEM de Lleida, que "levamos unha dinámica moi boa e seguir con esa dinámica ao final fainos estar moi contentas".

A bigoleadora a pasada fin de semana ante as catalás destaca que "volver sentirche futbolista e estar nun equipo tan bo como este non tanto de xogo senón de bo equipo humano é xenial".

Fai un balance "moi bo" do que vai de competición: "O que estamos a adestrar cada semana, cada día, é o que estamos a levar ao partido. Quedamos con iso. E encima estamos a conseguir vitorias".

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación razoes técnicas, é a seguinte:

Mércores 20 de outubro
11:30 h.

Xoves 21 de outubro
11:30 h.

Venres 22 de outubro
11:30 h.

Sábado 23 de outubro
Descanso

Domingo 24 de outubro
Descanso