RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana sen liga para o Dépor ABANCA, á espera da 'final' do sábado 12 en Sevilla ante o Real Betis

O Dépor ABANCA afronta desde hoxe luns unha semana sen fútbol ligueiro polos compromisos das seleccións nacionais, á espera da final pola permanencia o sábado 19 de xuño (13:00 horas, Gol) ante o Real Betis no Municipal Felipe del Valle de Sevilla. Neste partido só vale a vitoria branquiazul para chegar á última xornada da Primera Iberdrola con opcións de permanencia.

Manu Sánchez dispuxo nestes próximos días máis relaxados cinco sesións de adestramento, todas elas vespertinas en Abegondo, coa fin de semana de descanso para pechar a semana.

O técnico deportivista contará coas ausencias das internacionais Athenea del Castillo, Eva Dios, Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco, concentradas coas súas respectivas seleccións nacionais.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 7 de xuño
16:30 h

Martes 8 de xuño
16:30 h

Mércores 9 de xuño
17:30 h

Xoves 10 de xuño
17:30 h

Venres 11 de xuño
17:30 h

Sábado 12 de xuño
Descanso

Domingo 13 de xuño
Descanso