Os deportivistas Sergio e Diego Tristán compareceron esta mañá na
sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo. Os dous referíronse á
posición que ocupou Fran como pivote tanto en Albacete como na Coruña ante
o Osasuna. "Fran é un futbolista que ten
Ademais, Diego Tristán opina que gañar este sábado no Calderón "permitiranos
seguir aí arriba, na pelexa. E despois os dous de arriba que se maten
entre eles. Pero é para nós importante que podamos estar ata
o final a tan curta distancia de Madrid e Valencia". O andaluz confesou sentirse
"molesto" pola súa saída da lista de Iñaki Sáez e confía en estar ao final de Liga
na Eurocopa, aínda que o que máis lle preocupa siga sendo o Deportivo, "e
poder conseguir algo grande con este equipo".