Sete sesións para o Dépor esta semana, xa co cadro nun único grupo
O Deportivo xa se adestrará nun único grupo esta semana entrante, tal e como estipula o protocolo de LaLiga para a súa Fase 4.
Os futbolistas branquiazuis poderán utilizar os vestiarios para cambiarse e ducharse, pero estarán repartidos en 3 dos 10 dos que consta a instalación.
Fernando Vázquez e o seu corpo técnico dispuxo de 7 sesións de traballo, 6 delas pola mañá e 1 pola tarde. O aspecto táctico cobra xa vital importancia a poucos días da continuación da liga.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 1 de xuño 10:00: Adestramento en Abegondo
Martes 2 de xuño 10:00: Adestramento en Abegondo
Mércores 3 de xuño 10:00: Adestramento en Abegondo 18:00: Adestramento en Abegondo