RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sidnei avanza na súa recuperación e xa realiza tarefas co grupo

O central deportivista Sidnei deu un paso máis na súa recuperación e esta mañá realizou boa parte do adestramento co grupo, hoxe cos fabrilistas Edu Expósito, One e Quique Fornos.

Así pois, só Pedro Mosquera e Raúl Albentosa, que quedaron no vestiario; e Emre Çolak, que tivo un adestramento específico co readaptador Fran Molano, adestráronse á marxe do equipo.

Polo demais, Cristóbal Parralo comezou a deseñar o plan para tentar derrotar ao Levante este sábado 27 de xaneiro no Estadio ABANCA-RIAZOR (13:00 horas, Bein LaLiga), en partido correspondente á 21ª xornada de LaLiga Santander.

Por este motivo, a última parte do adestramento de hoxe foi un partido táctico no campo 2 da Cidade Deportiva.

Antes, o traballo sobre o céspede arrancou cun quecemento, un exercicio de posesión e unhas transicións.

Mañá xoves, o equipo adestrarase de novo en Abegondo ás 11:00 horas.