RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Silleda volverá acoller, do 12 ao 16 de xullo, un DéporCampus Cabreiroá

Silleda acolleu a presentación do DéporCampus Cabreiroá de verán que se realizará na localidade pontevedresa.

Despois do éxito na súa primeira edición, con máis de 30 participantes, a Fundación RC Deportivo repetirá a actividade este verán 2021 no campo de fútbol da Gandareira.

O acto tivo lugar coa presenza de Manuel Cuíña Fernández, alcalde de Silleda; Mónica González Conde, concelleira de deportes; Manuel Maceiras, coordinador local do DéporCampus Cabreiroá; e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 12 e 16 de xullo.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Silleda e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 8 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.