RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Súper domingo en #ANOSACANTEIRA con finais para Xuvenil A ante o Barça; Cadete A e Infantil A fronte ao RC Celta; e título hoxe para o Alevín

Mañá domingo 27 de xuño, cando hai 26 anos o Dépor conquistaba ante o Valencia CF a súa primeira Copa do Rei, cinco equipos de #ANOSACANTEIRA disputarán as finais das súas respectivas categorías.

O foco do deportivismo está posto no Xuvenil A, que a partir das 12.00 xogará ante o FC Barcelona a gran final da Copa de Campións. Fronte a fronte estarán os dous mellores equipos de España.

Na semifinal do pasado xoves fronte ao Real Madrid gañou o Dépor (0-1), con gol de Fito, un dos seus centrais, ao fío do descanso.

Óscar Gilsanz dirixiu hoxe sábado ás 11.00 da mañá a última sesión de adestramento previa ao partido.

A Federación Española habilitou aos afeccionados que desexen acudir un sistema de venda online de entradas ao prezo de 8 euros; posto que non se venderán nos despachos de billetes do Marbella Football Center. Todas as entradas son nominativas e terán que ir acompañadas dun formulario de localización persoal cuberto e impreso e que se pode descargar nesta ligazón.

A Televisión de Galicia, a través da súa emisión por televisión (TVG2) e a súa páxina web: www.crtvg.es/deportes/directo, e as plataformas online da RFEF: www.rfef.es, ofrecerá o vibrante encontro.

Cadete A e Infantil A selaron onte o pase á gran final da División de Honra e da Liga Galega ante o CD Lugo (1-2 na Cheda, Lugo) e Victoria CF (2-1) respectivamente. As finais serán mañá domingo 27 no campo da Fontenla en Santa Comba. En ambos os casos o rival será o RC Celta: 17:30 (infantís) e 19:30 (cadetes).

E en fútbol oito, o Alevín A e o Benxamín A, como campións da Primeira Autonómica A Coruña, disputarán tamén mañá domingo ás 12:15 no campo do Monte de San Tirso a gran final fronte aos campións dos grupos das Mariñas - Arteixo: San Tirso SD A e ED Luis Calvo Sanz A respectivamente.

Hoxe sábado, o Alevín protagonizou a final da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once na Grela 1, co Victoria CF A como rival. Os branquiazuis venceron (5-1) e proclamáronse campións da categoría.

Finalmente onte venres, en San Pedro de Visma (A Coruña), os dous equipos benjamines clasificáronse para as semifinais do próximo martes do Mini Trofeo Teresa Herrera: o Benxamín A derrotou ao Atlético Coruña Montañeros CF (5-3) e o Fabril FC Benxamín ao Victoria CF (7-0).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría xuvenil
Copa de Campións, semifinal: REAL MADRID 0 - XUVENIL A 1 (Fito)
Copa de Campións, final: XUVENIL A - FC BARCELONA, o domingo 27 de xuño ás 12.00 no Marbella Football Center

Categoría cadete
División de Honra, semifinais: CD LUGO 1 - CADETE A 2 (Álex Delgado e Ogando)
División de Honra, final: CADETE A - RC CELTA, mañá domingo 27 de xuño ás 19:30 no campo da Fontenla (Santa Comba)

Categoría infantil
Liga Galega, semifinais: INFANTIL A 2 (Rubén e José Rey) - VICTORIA CF 1
Liga Galega, final: INFANTIL A - RC CELTA, mañá domingo 27 de xuño ás 17:30 no campo da Fontenla (Santa Comba)

Categoría alevín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, final: ALEVÍN 5 (Paulo -3-, Trigo e Joel) - VICTORIA CF A 1

Primeira Autonómica A Coruña / As Mariñas - Arteixo de fútbol oito, final: ALEVÍN A - SAN TIRSO SD A, o domingo 27 de xuño ás 12:15 no Monte (San Tirso)

Categoría benxamín
Mini Trofeo Teresa Herrera, cuartos de final: BENXAMÍN A 5 (Mario -2-, Hugo, Íker e Leo) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 3
Primeira Autonómica A Coruña / As Mariñas Arteixo de fútbol oito, final: BENXAMÍN A - ED LUÍS CALVO SANZ A, o domingo 27 de xuño ás 12:15 no campo do Monte (San Tirso)

3ª xornada (xogado o pasado martes): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Javi e David Gómez) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 3
Clasificación final da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, fase final: 1. Benxamín A, 6 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF A, 3 puntos; 3. Fabril FC Benxamín, 0 puntos
Mini Trofeo Teresa Herrera, cuartos de final: FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Álvaro -3-, Martín, David Gómez, Roi e Javi) - VICTORIA CF 0