RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Superamos os 14.000 mariñeiros. Só queda unha semana para manter asento!

A Oficina de Atención ao Deportivista pechou a semana superando os 14.000 socios, tras despachar máis de medio milleiro de abonos na mañá deste sábado.

A OAD tramitou este sábado 507 carnés, dos que 29 foron novas altas e 179 renovacións a través de internet. Deste xeito, o total da campaña alcanza os 14.212 abonados cara ao curso 2017-2018

O RC Deportivo lembra aos que foron socios a campaña pasada que só resta unha semana para manter a localidade. Os afeccionados que queiran unirse á xente mariñeira no mesmo lugar do Estadio ABANCA-RIAZOR que ata o de agora, terán os asentos reservados ata o vindeiro sábado, día 5 de agosto. O luns 7 de agosto quedarán liberados todos os asentos dos deportivistas que non renoven o seu abono.

Reserva a túa cita para a data marcada no calendario para cambios de localidade.

-Socios: cambio de localidade só con cita previa, do 7 ao 9 de agosto
-Socios: cambio de localidade sen cita previa, 10 de agosto
-Novas altas: desde o 11 de agosto

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es/gl ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

Os despachos de billetes da OAD non abren mañá domingo e o luns volven ao seu horario habitual, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20.00 horas.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden poñerse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.