RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Suspendido o partido de mañá do Fabril por un positivo de COVID-19 no Atlético Arnoia

O partido do Fabril no campo principal de Abegondo ante o Atlético Arnoia, previsto para mañá sábado ás 16:30, foi suspendido por un caso positivo de COVID no equipo ourensán.

Agora será o Comité de Competición da Federación Galega o que fixe unha nova data unha vez que o permita a situación sanitaria do Atlético Arnoia.

Así pois, tan só tres equipos de #ANOSACANTEIRA xogan esta fin de semana en casa: Orzán SD Xuvenil Feminino, Xuvenil B e Fabril FC Benxamín.

Mañá pola mañá, o Xuvenil B de Liga Nacional mídese a partir das 11:30 no campo 3 da Cidade Deportiva ao CD Areosa.

Para o domingo queda o partido na Torre (16:00 horas) entre o Orzán SD Xuvenil Feminino e o Victoria CF, da Primeira División Galega. As orzanistas, con 11 puntos, teñen a tiro o liderado do subgrupo A, en poder do CD Lugo con 13 puntos e un partido máis.

Lonxe de Abegondo compiten o Deportivo ABANCA B (domingo ás 16:00 na Grela 1 ante o Victoria CF), Xuvenil A (sábado ás 18:00 na Grela 1 ante o Ural Español CF), Cadete (sábado ás 16:00 no Municipal Rodríguez Lago 1 ante o CD Lugo) e Infantil (sábado ás 12:15 no campo Río Seco ante o SDCyR Narón O Freixo).

O choque do Xuvenil A será o último de liga antes de render visita ao Maccabi Haifa no partido de volta da segunda eliminatoria da UEFA Youth League previsto para o mércores 8 de decembro ás 16:00 no Sammy Ofer Stadium de Haifa. Na ida disputada en ABANCA-RIAZOR ante máis de 12.000 persoas, o triunfo foi deportivista: 5-1.

Os alevíns do Deportivo tiveron o pasado martes 30 de novembro un compromiso amigable en Abegondo, co obxecto de preparar a súa participación no Torneo Gol Media Cup en Cornellá (Barcelona).

Mañá sábado, a quenda será para os benxamíns: o A en Arteixo (11:30) e o Fabril FC Benxamín en Abegondo (12:00) ante o Orillamar SD.

Os alevíns e benxamíns teñen previsto arrancar as súas competicións ligueiras a mediados do mes de decembro.

Finalmente, teñen parón ligueiro esta semana o Orzán SD Cadete Feminino e o Orzán SD Infantil Feminino na súa respectiva Liga Galega.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
14ª xornada: FABRIL - ATLÉTICO ARNOIA, aprazado
Clasificación: ... 2. Polvorín FC, 27 puntos; 3. CD Barco, 23 puntos; 4. Rápido de Bouzas, 22 puntos; 5. Fabril, 21 puntos; 6. Silva SD, 20 puntos; 7. Ourense CF (dous partidos menos) e Alondras CF, 18 puntos...

Categoría feminina
12ª xornada: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 5 de decembro ás 16:00 na Grela 1 (A Coruña)
Clasificación da Primeira Nacional: ... 2. Viajes InterRías FF (un partido menos), 23 puntos; 3. Sárdoma CF, 22 puntos; 4. Deportivo ABANCA B, 20 puntos; 5. Umia CF e Oviedo Moderno CF B, 19 puntos; 7. CD Olímpico de León (un partido menos), 16 puntos...

9ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - VICTORIA CF B, o domingo 5 de decembro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Primeira División Galega, subgrupo A: 1. CD Lugo (un partido máis), 13 puntos; 2. Bergantiños CF, 12 puntos; 3. Orzán SD Xuvenil Feminino, 11 puntos; 4. SD Tordoia (un partido máis) e PM Friol B, 8 puntos...

Clasificación da Liga Galega Cadete: 1. Sárdoma CF, UD Mos e Victoria CF, 16 puntos; 4. Orzán SD Cadete Feminino, 10 puntos; 5. Lóstrego CF, 9 puntos; 6. EF Femenino Rosalía e Umia CF, 7 puntos...

Clasificación da Liga Galega Infantil, subgrupo 1º: 1. Victoria CF (un partido menos), 12 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino e Victoria FC, 10 puntos; 4. Xuventude de Crendes CF, 9 puntos; 5. ADC Obradoiro (un partido máis), 6 puntos...

Categoría xuvenil
14ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - XUVENIL A, o sábado 4 de decembro ás 18.00 na Grela 1
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 35 puntos; 2. Xuvenil A, 32 puntos; 3. Real Racing Club, 29 puntos...

12ª xornada: XUVENIL B - CD AREOSA, o sábado 4 de decembro ás 11:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 28 puntos; 2. Coruxo FC, 25 puntos; 3. Xuvenil B e CD Lugo B, 23 puntos; 5. Arosa SC, 20 puntos; 6. CD Calasanz, 19 puntos...

Categoría cadete
10ª xornada: CD LUGO - CADETE, o sábado 4 de decembro ás 16:00 no Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)
Clasificación da División de Honra, subgrupo A: 1. Cadete, 25 puntos; 2. Ural Español CF, 16 puntos...

Categoría infantil
9ª xornada: SDCyR NARÓN O FREIXO - INFANTIL, o sábado 4 de decembro ás 12:15 en Río Seco (Narón)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo B: 1. Infantil (un partido menos), 21 puntos; 2. San Tirso SD e CD Lugo, 18 puntos...

Categoría alevín
Amigable de fútbol 7 (xogado o pasado martes): ALEVÍN A 14 (Martín Forján -3-, Raúl -2-, Hugo González, Antón, Gabriel -2-, Pablo Vara, Pablo Somoza, Iago Lameiro -2- e Javier Seoane) - SD ORILLAMAR (infantil) 0

Amigable (xogado o pasado martes): FABRIL FC ALEVÍN 9 (Mario -2-, Thiago Montes -2-, Iker Obeso, Javi Barral, Leo e Hugo Caridad -2-) - CD ESCLAVAS 2

Categoría benxamín
Amigable: ATLÉTICO ARTEIXO - BENXAMÍN A, o sábado 4 de decembro ás 11.30 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Amigable: FABRIL FC BENXAMÍN - ORILLAMAR SD, o sábado 4 de decembro ás 12:00 en Abegondo (campo de herba sintética)