RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Tarde goleadora do Benxamín B ante o Atlético Coruña Montañeros B

O Benxamín B gozou dunha tarde goleadora no seu partido correspondente á 9ª xornada da Segunda Fase grupo 1º A Coruña ante o Atlético Coruña Montañeros CF B (0-11).

Rodrigo -4-, Iago Varela -3-, José Quiroga, Iago Lameiro, Hugo e Javi foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este marcador, o Benxamín B lidera con claridade o grupo con 27 puntos de 27 posibles.

Benxamín B: Lucas, Nico, Rodrigo, Iago Lameiro, José Quiroga, Javi, Hugo e Raúl. Tamén xogaron: Pablo, Lucas Vázquez e Iago Varela.

A competición para pola festividade de Semana Santa. O vindeiro sábado 27 de abril, o Benxamín B retoma a liga co seu partido ante o Imperátor OAR B.

Os resultados nesta competición do equipo que dirixe Álvaro Rodríguez son os seguintes:

Benxamín B 2 (Javi e Raúl) - AD Peñarredonda A 1
Sporting Coruñés C 0 - Benxamín B 14 (Raúl -4-, José Quiroga -3-, Iago Varela -3-, Lucas Vázquez -2-, Iago Lameiro e Hugo)
Benxamín B 3 (Nico, Javi e Iago Varela) - Ural CF C 0
Galicia Gaiteira 1 - Benxamín B 7 (Rodrigo -3-, Lucas Vázquez, Iago José, Iago Lameiro e José Quiroga)
Benxamín B 1 (José Quiroga) - Victoria CF B 0
ED Luis Calvo Sanz C 1 - Benxamín B 3 (Pablo -2- e Hugo)
CD Calasanz C 0 - Benxamín B 7 (José Quiroga -3-, Lucas Vázquez, Iago Lameiro, Hugo e Iago José)
Benxamín B 3 (José Quiroga, Iago Lameiro e Raúl) - Compañía de María A 0
Atlético Coruña Montañeros CF B 0 - Benxamín B 11 (Rodrigo -4-, Iago Varela -3-, José Quiroga, Iago Lameiro, Hugo e Javi)