Tere Abelleira, convocada para uns adestramentos coa Selección Española Sub-17
Tere Abelleira, unha das capitás do Deportivo Abanca, foi convocada pola Selección Española Sub-17 para uns adestramentos na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid), do luns 23 ao mércores 25 deste mes de xaneiro.
Desta forma, os técnicos do combinado nacional recoñecen a gran tempada que está a realizar a centrocampista branquiazul, unha das columnas do seu equipo na súa pelexa polo ascenso a Primeira División.