RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tere Abelleira debutou esta tarde con España no Campionato de Europa Sub-17

- Foto: www.sefutbol.com -

Tere Abelleira, capitá do Deportivo Abanca, debutou hoxe martes 2 de maio coa Selección Española Sub-17 na Fase Final do Campionato de Europa da categoría, que se xoga na República Checa.

A centrocampista branquiazul foi titular e xogou completo o partido, pero non puido evitar a derrota das españolas ante a vixente campioa, Alemaña. As xermanas puxéronse por diante no marcador e sentenciaron á contra cando mellor estaba a xogar o combinado nacional.

O vindeiro venres 5 de maio, a Selección Española enfróntase á anfitrioa, a República Checa, nun partido no que non hai marxe de erro.

O calendario de España, cos resultados, é o seguinte:

Martes 2 de maio
ESPAÑA 1 - ALEMAÑA 4

Venres 5 de maio
11:00: REPÚBLICA CHECA - ESPAÑA (no Estadio Domazlice, en Domazlice)

Luns 8 de maio
14:00: FRANCIA - ESPAÑA (no Estadio Prestice, en Prestice)

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogarán o 11 de maio.

O Deportivo Abanca continúa cos adestramentos

A pesar de finalizar onte a competición ligueira en Segunda División (grupo 1º) cun brilllante subcampeonato, o Deportivo Abanca continúa cos adestramentos.

Así, Manu Sánchez, técnico deportivista, planificou tres sesións esta semana:

Martes 3 de maio
20:30: Adestramento en Arteixo

Xoves 5 de maio
20:30: Adestramento en Abegondo

Venres 6 de maio
19:00: Adestramento en Abegondo