RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Teresa Abelleira clasifícase con España para a Fase Final do Campionato de Europa sub-19

- Foto: Gonzalo Salgado / futgal.es -

Teresa Abelleira participou estes días en Galicia con España sub-19 no Mini Torneo Elite clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría que se xogará en Escocia.

A selección española xogouse o pase á Fase Final do Europeo hoxe martes 9 de abril, no Estadio Vero Boquete San Lázaro de Santiago, ante a República de Irlanda. Foi o terceiro e último encontro desta Mini Rolda Elite.

Ambos os equipos chegaban a este partido final empatados a 6 puntos na clasificación. No entanto, un empate lle valía a España porque tiña mellor diferenza de goles que as irlandesas.

De novo coa capitá do Deportivo ABANCA no once inicial, as españolas superaron ás irlandesas (0-3) e clasificáronse brillantemente.

Teresa Abelleira xogou os primeiros 74 minutos, momento no que foi substituída por Silvia Rubio.

O pasado sábado 6 de abril, España goleou (7-0) a Hungría no segundo test desta competición. A xogadora deportivista saltou de inicio ao campo e foi relevada por Nerea Eizaguirre no minuto 57, co partido xa sentenciado.

España debutou o pasado mércores 3 de abril fronte a Serbia. Teresa Abelleira xogou completo un partido no que venceron as españolas (2-0), grazas ao dobrete goleador de Eva Navarro.

Os resultados da selección española foron os seguintes:

Mércores 3 de abril
ESPAÑA 2 - SERBIA 0

Sábado 6 de abril
ESPAÑA 7 - HUNGRÍA 0

Martes 9 de abril
REPÚBLICA DE IRLANDA 0 - ESPAÑA 3

A capitá branquiazul é unha das internacionais españolas coas que conta o Deportivo ABANCA, do mesmo xeito que Nuria Rábano, Malena Mieres e Carlota, esta última do Deportivo ABANCA B.