RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Toda a masa social do Dépor poderá dispor de entrada para o Dépor-Badajoz

Se non se produce ningunha modificación da situación sanitaria e a normativa que afecta os espectáculos deportivos ao aire libre, e unha vez realizados os cálculos de posibles asistentes en base ao número actual de socios, as esixencias das medidas anti COVID e o aforo dispoñible, o RC Deportivo está en disposición de anunciar a toda a súa masa social que haberá dispoñibilidade de entrada para todas as socias e socios do Club con abono con localidade que desexen acudir ao partido da 4ª xornada de Primeira RFEF: Dépor-Badajoz do sábado ás 19:00 h. en ABANCA-RIAZOR.

Durante os últimos días estívose traballando para realizar estas estimacións e programar a aplicación informática que permitirá, como novidade, elixir e dispor directamente da entrada a cada persoa socia sen ter que facer pre-reserva algunha.

Aspectos importantes a ter en conta por parte dos Deportivistas:

- Nas próximas horas anunciarase polas canles de comunicación do Club a activación e o método de consecución directa das entradas para cada socio.
- Unicamente poderase acceder con esas entradas, sen custo para socios, non co carné de abono anual.
- As entradas serán da bancada de cada carné, pero non necesariamente do asento do que cada persoa é titular.
- No caso de bancadas con máis socios que aforo, habilitarase a bancada superior para poder dispor de asento.
- Será obrigatorio ocupar a localidade asignada na entrada, non a sinalada no carné, nin ningunha outra a libre elección do asistente.