RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Torneo amigable este sábado para dous equipos de #ANOSACANTEIRA

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA (Alevín B e Benxamín B) teñen torneo amigable este sábado 27 de maio, en Vila de Cruces e A Estrada respectivamente.

Así, o Alevín B compite no Galo Cup 2017, que se xoga no campo do Camballón de Vila de Cruces.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo A, co Elche Sporting FC, SD Villestro e Santiago CF.

O calendario da Primeira Fase para o Alevín B é o seguinte:

9:45: ALEVÍN B - SANTIAGO CF (campo 1)
12:15: ALEVÍN B - ELCHE SPORTING FC (campo 1)
15:30: ALEVÍN B - SD VILLESTRO (campo 1)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan xa a continuación.

Pola súa banda, o Benxamín B participa na segunda edición do Torneo Concello da Estrada, organizado polo Escola Estrada de Fútbol Base.

O cadro branquiazul quedou encadrado no grupo C, co Sporting Braga e un equipo procedente da Fase Previa.

O calendario de partidos do Benxamín B é o seguinte:

11:00: EQUIPO DA FASE PREVIA - BENXAMÍN B (campo 1)
11:50: BENXAMÍN B - SPORTING BRAGA (campo 1)

Os dous primeiros clasifícanse para unha Segunda Fase, que tamén é por grupo. O terceiro disputarán unha Fase de Consolación, que servirá para decidir as posicións novena a decimosegunda.