RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo de forza e fútbol reducido, menú do Dépor nunha chuviosa mañá en Abegondo

O Deportivo arrancou hoxe a semana de preparación para o último partido de 2018, no Estadio Ramón de Carranza ante o Cádiz CF este sábado 22 de decembro (20:45 horas, Movistar Partidazo).

Todo o cadro realizou nun dos ximnasios da Cidade Deportiva un traballo de forza.

A continuación, xa sobre o céspede nunha chuviosa mañá, os que non actuaron de inicio o pasado domingo ante o Real Zaragoza, ademais do meta fabrilista Pedro López, tiveron fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Os titulares continuaron no vestiario con tarefas de recuperación, como baños de contraste e paso pola padiola dos fisioterapeutas.

A maiores, Diego Caballo tivo un adestramento preventivo; e Carlos Fernández e Gerard Valentín seguiron co seu proceso de readaptación. Eneko Bóveda, con permiso, non pasou hoxe pola Cidade Deportiva.

Mañá mércores, o equipo adéstrase en ABANCA-RIAZOR a partir das 11:00 horas.