RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo defensivo e de finalizacións, prato forte esta mañá para o primeiro equipo

Nova sesión de adestramento do primeiro equipo nesta semana sen fútbol ligueiro polos compromisos das seleccións nacionais.

Hoxe, Pepe Mel dividiu aos seus xogadores en dous grupos. Así, mentres un realizaba un traballo defensivo, o outro grupo executaba un circuíto físico con remates a portería.

Cos fabrilistas Edu Expósito, Francis e Álex Cobo; ademais de Adrián Castro, cedido no Laracha CF, un partido once para once puxo o punto e final ao adestramento sobre o céspede nunha mañá chuviosa.

Carles Gil segue co seu plan específico de traballo e Bicho adestrouse co readaptador Fran Molano.

Mañá xoves está planificada unha nova sesión de traballo, ás 10:30 horas en Abegondo.