RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo para o Dépor en Abegondo nada máis regresar de San Sebastián

Nada máis baixar do avión no Aeroporto da Coruña esta mañá, o Dépor púxose ao choio na Cidade Deportiva de Abegondo, nunha sesión marcada pola intensa choiva.

Os futbolistas titulares onte en Anoeta tiveron unha sesión de menor carga de traballo, cun quecemento, carreira continua e paso pola padiola de masaxe para unha maior recuperación física.

Para o resto, incluído Celso Borges, houbo ademais un circuíto físico con finalizacións e fútbol en espazo reducido. O costarriqueño mellora dunha contusión na cadeira sufrida a pasada semana e realizou boa parte das tarefas.

Adestráronse á marxe do grupo Pedro Mosquera e Sidnei. O centrocampista coruñés exercitouse ás ordes do readaptador Fran Molano.

O Dépor regresará aos adestramentos o martes 6 de febreiro ás 11:00 en Abegondo. Mañá domingo e o luns haberá xornada de descanso.