RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo preventivo antes de saltar ao céspede para un Dépor que hoxe afinou a puntaría

Rubén de la Barrera pode contar a día de hoxe con todo o seu cadro sobre os campos de Abegondo.

Pero a boa saúde dos futbolistas branquiazuis trabállase. Un par de días á semana, Fran Molano, readaptador do equipo, dirixe un traballo físico preventivo á primeira hora da mañá na propia bancada de Abegondo, ao aire libre pola pandemia de COVID-19.

Tralo paso polo vestiario e a charla breve do corpo técnico, os futbolistas saltaron ao campo ás 11:00 para unha sesión na que se insistiu en mecanismos ofensivos e finalizacións; cunha tarefa en dous grupos e outra todos xuntos.

Unha serie de partidos en espazo reducido, de alta intensidade, puxo o punto e final ao adestramento no céspede.

Os fabrilistas Adri Castro e Pablo Brea exercitáronse hoxe co primeiro equipo. Mañá xoves, o Deportivo adestrarase a porta pechada en ABANCA-RIAZOR a partir das 11:00 horas.