RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Transicións defensa-ataque, exercicio principal esta mañá do Deportivo

Un exercicio de transicións defensa-ataque foi a tarefa principal do Deportivo esta mañá no campo 2 da Cidade Deportiva de Abegondo. A sesión arrancou cun quecemento e uns rondos.

Con medio equipo (defensas e centrocampistas) xa de regreso ao vestiario, dianteiros e centrocampistas concluíron o adestramento con remates a portería.

Os fabrilistas One e Edu Expósito estiveron esta mañá ás ordes de Cristóbal Parralo.

Mañá venres, o cadro está citado ás 11:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR para unha sesión a porta pechada, a última antes do choque ante o Valencia CF, previsto para o sábado 13 de xaneiro (20:45 horas, Bein LaLiga) no Estadio, correspondente á 19ª xornada de LaLiga Santander.