RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tres grupos no Dépor durante a sesión matinal de hoxe luns

O Deportivo adestrouse esta mañá en Abegondo en 3 grupos. Como é habitual despois de cada partido, os titulares onte en ABANCA-RIAZOR tiveron unha sesión de recuperación, con ximnasio, bicicletas estáticas e paso pola padiola dos fisioterapeutas. Neste grupo estivo tamén Peru Nolaskoain, que se perdeu o choque ante o Extremadura UD a consecuencia dunha amigdalite.

Para o resto do cadro a sesión foi de alta intensidade sobre o céspede, con Fernando Vázquez aos mandos. Houbo un quecemento, un circuíto físico con finalizacións e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade a pesar das altas temperaturas de Abegondo.

Os lesionados Somma, Uche, Salva Ruiz e Luis Ruiz, este cunha escordadura de nocello sufrido o pasado sábado, continuaron cos seus procesos de recuperación ben cos fisioterapeutas ou ben co readaptador, Fran Molano. Finalmente, Çolak ausentouse hoxe do adestramento.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo volve ao traballo o mércores 15 de xullo ás 11:00 na Cidade Deportiva.