RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Triunfo de pompa do Orzán SD Cadete Feminino no campo do Umia CF

O Orzán SD Cadete Feminino logrou un triunfo de pompa (1-2) ante o Umia CF, conxunto que marchaba imbatido no seu campo.

Laura Santos e Maca González foron as autoras dos goles orzanistas neste encontro correspondente á 10ª xornada na Liga Galega cadete, primeiro da segunda volta da competición.

O Orzán SD Cadete Feminino, que disputou un partido moi serio en Barrantes e salvando todas as dificultades, suma así 22 puntos no grupo de cabeza da táboa.

Orzán SD Cadete Feminino: Uxía Rabuñal, Paula Martínez, Uxía López, Nadia Longueira, Noelia Furelos, Daniela Basalo, Mica Baratelli, Sara Domínguez, Emma Gandoy, Maca González e Laura Santos. Tamén xogaron: Martina Rivas, Silvia Agras, Carmen Traba e Paula Sánchez.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Cadete Feminino recibe na Coruña ao EF Femenino Rosalía.

Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino até a data son os seguintes:

Orzán SD Cadete Feminino 2 (Ana Capelo e Maca González) - Umia CF 0
EF Femenino Rosalía 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Antía García)
Victoria CF 3 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e María Vilariño)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Candela Moreno, María Vilariño -2-, Antía García, Alexia Freire, Sara Domínguez, Ana Capelo -2- e Paula Sánchez -2-) - Caldas CF 0
UD Mos 2 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e Ana Capelo)
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Maca González) - Sárdoma CF 4
Lóstrego CF 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Sara Domínguez)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Laura Santos, Carla Lugilde, Candela Moreno, Ana Capelo, Nadia Longueira, Mica Baratelli, Sara Domínguez -3- e María Vilariño) - SCD Milagrosa 0
Sporting Club San Mateo 0 - Orzán SD Cadete Feminino 6 (Daniela Basalo -2-, Alba Monteserín, Ana Capelo e Paula Sánchez -2-)
Umia CF 1 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Laura Santos e Maca González)